24.1.08

POEMA para reflexionar

Un poema de Xosé María Álvarez Blázquez, escritor ao que se lle

Non é certo que os nenos teñan fame
Non pode ser.
Ben o sabedes todos
os que andades no mundo atafegados
á percura do pan dos vosos fillos.
Ises outros que vedes pola rúa
pedindo esmola,
non teñen fame, non, porque daquela
vos teríades morto de vergonza. E ben vos vexo andar nos vosos
coches ou nos tranvías, a berrar de cousas
estranas: -¡viva, beba, baba, buba¡-sen reparar naquil esfarrapado
que coa moura mauciña está petando
na porta de ferro. Por iso penso que non é verdade
o que algún caviloso di dos nenos
que andan así petando pola vida.-¡Non, home, non!- lle dixen a un
de aqueles
-A xente pasa leda......¡Fora boa
que andivesen a rirse dos seus crimes! .




Xosé María Álvarez Blázquez(Tui 1915-1985)

20.1.08

A PAZ MUNDIAL


O pasado día 12 de Decembro OS PREMIOS NOVEL DA PAZ asinan unha carta pola NON VIOLENCIA MUNDIAL. A súa lectura parécenos de moito interés. Podes acceder a ela premendo neste enlace:




14.1.08

OS NOSOS POEMAS (4º curso de Primaria)

PIPO
Pipo coida xoaniñas
Á mañá e á tardiña.
Quítalles o leite
Para que luón se deleite
Pipo conta as estrelas
E gostaríalle viaxar nelas.
Un día a estrela saltou
E con ela viaxou.
Iván Porto.



ANIMAIS
Os tres gatos cantores
Viron tres ratos roedores.
Os tres ratos roedores
Viron cinco raposos
Famentos.
Os raposos famentos
Viron as galiñas na fonte
As galiñas co medo
Escaparon correndo.
Alejandro Gómez.






PIÑECO
Piñeco
Ao ser
Pequeno
Andaba
a xogar.
Piñeco
Ha ser moi
Aventureiro.
Piñeco
Travieso,
Xogador, aventureiro.
Antonio Piñeiro.

OBRADOIRO DE POESÍA


XOGANDO CO VENTO
Xosé é un meniño
que vive en Ventorrillo.
Ten dous irmanciños.
Ten o vento por veciño.
Non ten ningún amigo.
Por eso
xoga co ventiño.
Laura Paz




CRI-CRI-CRI
O gato Gastón
come un montón,
puxéronlle melón
e comeu pastelón,
quería comer
un enorme pastel
e comeu por orgullo
pastelón de melón.
Aquel mesmo día
comeu unha sandía
que parecía que estaba viva.
O grilo Gastón
é un lambón,
come tanto que
algún día vai estoupar.
Lucía Beceiro.
























A NENA E A SERPE
Unha nena espelida,
unha nena atrevida
esa é Elsira.
Foi ao cabo da Serpe
a onde ninguén quería ir,
foi ela soa, sen ninguén con quen ir.
Encontrou unha serpe
que lle dixo a causa
de que non houbera peixes:
Un barco vello
encheu de lixo o mar
e todos os peixes tiveron que marchar.
Elsira a todos informou
do que a serpe lle contou.
O seu pai mariñeiro
moito se contentou
porque moitos peixes ía encontrar ,
cando saíra a pescar.
Fátima Solís Torres.

13.1.08

OBRAS DE TEATRO EN NADAL

Os alumnos/as de 4º curso de Primaria
representaron a obra teatral titulada:
"O PIÑEIRO, O ABETO E O LOUREIRO"
Ahí vai unha pequena mostra desta representación:




Os alumnos/as de 5º representaron a obra teatral titulada:
"A LEDICIA DOS ANIMAIS"
Aquí están en plena actuación:






Os alumnos de 3º curso de Primaria representaron a obra de teatro titulada:
"O ALMANAQUE CELEBRA O NADAL"
Estes son algúns dos momentos da súa actuación:





Os alumnos/as de 6º curso de Primaria interpretaron a obra teatral titulada:
"PARA QUE SERVE UNHA ESTRELA"
Así de estelares aparecen na súa representación: