9.11.09

O SAMAÍN 09

Fixemos unha exposición con todas as cabazas que decoramos, os cestos de froitas, as postais e os debuxos. Cantamos cancións de SAMAÍN e bailamos todos/as xuntos/as o baile dos pantasmas. Foi moi divertido. Ademais tres alumn@s de 4º curso leron para tod@s nós un conto de medo: "Quen lle ten medo á tormenta?"

CONCURSOS DE REDACCIÓNS E DEBUXOS SOBRE A FROITA DO EUME.

Aquí podedes ver todas as fotos dese día.

Premendo nas portadas dos álbumes.

concurso e actuacións


RECEITAS FROITA

xogos populares

28.10.09

2ª FESTA DE EXALTACIÓN DA FROITA AUTÓCTONA.

O vindeiro 30 de outubro realizaremos no C.E.I.P. de Andrade a 2ª festa de exaltación da froita autóctona cunha serie de actos que detallamos no programa que podedes consultar nos seguintes enlaces:
Programa.
Concurso de redaccións.
Concurso de froita.
Folla de inscripción (tamén se pode recoller no centro)
Nestas fotos podemos apreciar que as nosas árbores aínda que todavía son pequenas xa nos teñen dado unhas preciosas mazás.

6.7.09

PALABRAS NO AR...


Kalandraka Editora, dentro do programa de dinamización Bocaberta, realiza a campaña denominada "Palabras no ar", que consiste na realización dos seguintes obradoiros:
  • Sesións de contacontos con música.
  • Obradoiros de oralidade.
  • Obradoiro de escrita creativa.
  • Emisións radiofónicas
  • Creación dun espazo web. Para ampliar a información sobre esta actividade preme aquí.

28.6.09

LETRAS GALEGAS 2010: Uxio Novoneyra.


Uxío Novoneyra converterase, no ano no que se cumpre o décimo aniversario do seu pasamento, no poeta homenaxeado no Día das Letras Galegas 2010.
Novoneyra foi un dos poetas máis relevantes en lingua galega de todos os tempos. A obra do poeta está enraizada na tradición e no popular. Vinculado tamén ás vangardas, na súa obra destaca o lirismo da palabra. Novoneyra foi un poeta de entrega total, pero non de minorías, xa que sempre tivo unha gran preocupación pola comunicación co pobo.
Para máis información sobre a súa obra preme aquí.

14.6.09

LECTURAS COMPARTIDAS.


Durante este terceiro trimestre fixemos unha actividade proposta polo equipo de biblioteca, coa participación das familias: "LECTURAS COMPARTIDAS".
Léronse varios libros en galego:
"CHOCOLATA"
"SACAPENAS"
"XOGANDO ÁS ADIVIÑAS"
"A POTA QUE TROTA"
E tamén algúns escritos polo alumnado do centro, como "A BALEA PERCORREMAR" de Lucía (5ºcurso).
Foi unha actividade moi interesante, coa que continuaremos o vindeiro curso.
Aquí tedes a reportaxe fotográfica dalgúns dos momentos destas "Lecturas Compartidas".


"XARDÍN DO PASATEMPO"

O venres 29, celebrouse en Pontedeume, nos xardíns de Lombardero, un acto en homenaxe a Ramiro Fonte, organizado pola Biblioteca Pública Municipal, en colaboración cos CEIPs do concello; do noso centro acudiron o grupo de alumnas e alumnos de 5º curso, que recitaron tres poemas do libro "O XARDÍN DO PASATEMPO".



O TREN DA LINGUA


O alumnado de E.Infantil e 1º ciclo de Primaria subiron a semana pasada ao tren da Língua. Esta actividade patrocinada por CaixaNova, ten por obxectivo o fomento da língua galega entre os máis novos.
Saímos do colexio ás 10:00 en autobús cara a estación de Ferrol. Alí esperábanos un tren que nos levou ata Betanzos.
No tren, dous animadores, amenizan a viaxe coas súas historias.
Tamén recibimos de agasallo unha bonita mochila.

23.5.09

LETRAS GALEGAS 2009: Mostra Artesanal.

Con motivo da celebración das LETRAS GALEGAS, un ano mais a Unidade Veciñal "OLMO" en colaboración con outras entidades, organiza, ademáis de Encontros Culturais e Xogos Populares, unha Mostra Artesanal que o martes 19 puideron visitar todos os Colexios de Pontedeume. Estas fotos recollen o encontro entre os nenos e nenas do noso colexio cos artesáns. Grazas á Unidade veciñal "Olmo" pola súa invitación e polo agasallo dun lote de libros en galego para a nosa biblioteca.
Parabéns pola organización destas actividades.

MOSTRA ARTESANAL. Letras Galegas 2009 on PhotoPeach

16.5.09

LETRAS GALEGAS 2009.

Reportaxe fotográfica das actividades que durante toda a semana do 11 ao 15 de maio realizamos no colexio de Andrade para conmemorar a celebración das LETRAS GALEGAS 2009, adicadas á figura de Ramón Piñeiro. Para acceder a unha información mais detallada do programa de actividades preme aquí.


14.5.09

Exposición: "Ramón Piñeiro"


Á entrada do colexio está exposto o traballo que sobre a vida e obra de Ramón Piñeiro fixemos este ano coa participación de todo o alumnado, dende Educación Infantil ata 6º curso de Educación Primaria.

  • En Educación Infantil recortaron e colorearon as letras dos titulares.
  • En 1º ciclo fixeron unhas divertidas caricaturas.
  • No 2º ciclo elaboraron unha biografía ilustrada e compuxeron un poema en homenaxe á súa traxectoria.
  • No 3º ciclo traballaron sobre as viaxes de Ramón Piñeiro, a súa obra e elaboraron uns pasatempos.

10.5.09

"O RAP DA LINGUA"

"O RAP DA LINGUA" (MIGALLAS)
Este rap está incluído no disco "Canta connosco"
Dende o blog da biblioteca do CEIP Mestre Martínez Alonso chéganos este video que elaboraron o equipo de Biblioteca en colaboración co ENDL do Centro. Grazas por compartir con nós este estupendo traballo.



Para acceder á letra preme aquí. (dende o recanto de Mik)

Podedes visitar o blog de normalización do CEIP Mestre Martínez Alonso se queredes rapear tamén a poesía de Celso Emilio Ferreiro DEITADO FRENTE AO MAR.