24.5.08

"NO REGO DO PRADO"

Desde o Equipo de Normalización Lingüística do CEIP de Andrade, en colaboración con alumnos/as de 6º, elaboramos este video a partir dun poema de X.M.Álvarez Blázquez titulado: "No rego do prado". Está ilustrado con fotos do recinto exterior do noso Centro. Aínda que ten algúns fallos técnicos, é a nosa primeira experiencia neste campo, (prometemos mellorar), de todas maneiras esperamos que vos guste.


video

19.5.08

ACTIVIDADES EN LIÑA

Incluimos nesta entrada un enlace ao SeminarioGalán.org, no que se mostran unha serie de ACTIVIDADES EN LIÑA, elaboradas con "lim" e adaptadas a todos os niveis, dende E.Infantil ata 3º Ciclo de Primaria. Tamén están incluidos DOCUMENTOS E ACTIVIDADES para imprimir e un ÁLBUM DE FOTOS, todo este material sobre a vida e obra de X.M.Álvarez Blázquez.
Moi interesante!!!

Preme neste enlace para acceder: X.M. ÁLVAREZ BÁZQUEZ

11.5.08

X.M.Álvarez Blázquez. Traballo realizado no CEIP San Francisco Xabier.

Parabéns ao colexio San Francisco Xabier por publicar este estupendo traballo sobre X.M.Álvarez Blázquez. Non queriamos deixar pasar a oportunidade de que os nosos alumnos e alumnas participen resolvendo as cuestións que se plantexan na presentación .

8.5.08

MAIO LONGO, MAIO LONGO...

Maio longo, Maio longo..., así comezan uns versos da poeta Rosalia de Castro, que se alongan ata formar só dúas cuartetas. E estes son nada máis ca unha pequena parte de toda a poesía arrequecedora desta época do ano.

Son numerosos os/as escritores/as que teñen feito poesía sobor destas datas. Nomeamos a Rosalia, e seguen Curros e outros autores, aínda que quen ten feito máis letras ao Maio é o mesmo pobo.

Xa chegou o Maio
da nosa mariña
Maio namorado
do mar e a andoriña.

Chegou dende lonxe
acollédeo ben
nesta noble vila
de Galicia "edén"

(Maio da Mariña)

Seguindo o costume doutros anos, as nenas e nenos de Andrade celebramos os Maios:
Fixemos un PALLEIRO, un CRUCEIRO e uns ARCOS.
Paseamos os Maios e cantamos tres CANTIGAS distintas, unha en cada ciclo:
"Anxeliños somos", "Santa Cruz de Maio" e "Maio, Maio florido".



4.5.08

X.M. Álvarez Blázquez: ÁLBUM DE FOTOS.

Dende Biblio Cóntame chéganos este completísimo álbum de fotos do escritor homenaxeado nas Letras Galegas 2008: X. M. ÁLVAREZ BLÁZQUEZ.