26.3.09

POESÍA II

Quen puidera namorala...


No niño no vó do vento

hai unha pomba dourada.

Quen puidera namorala

quen puidera namorala, meu amigo.

Canta o luar e o mencer

en frauta de verde olivo.

Quen puidera namorala

quen puidera namorala, meu amigo.

Ten aires de frol recente

e cousas de recen casada.

Quen puidera namorala

quen puidera namorala, meu amigo.

Tamen ten sombra de sombra

e andar primeiro de rio.

Quen puidera namorala

quen puidera namorala, meu amigo

A. Cunqueiro.

22.3.09

21 DE MARZO, PRIMAVERA: "POESÍA E ÁRBORE."

O 21 de Marzo temos dúas importantes celebracións: "DÍA DA POESÍA" e "DÍA DA ÁRBORE" coincidindo co comezo da primavera.


Recompilación das actividades da: "NOSA PLANTACIÓN" con motivo da celebración do "Día da Árbore."

PLANETA EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA.


PREME NA FOTO PARA ACCEDER

8.3.09

"DÍA INTERNACIONAL DA MULLER"


Todos nós - homes e mulleres, soldados e axentes de mantemento da paz, cidadáns e líderes - temos a responsabilidade de contribuír a eliminar a violencia contra a muller. Os Estados deben cumprir coas súas obrigas de previr a violencia, axuizar os perpetradores e proporcionar reparacións ás vítimas. E cada un de nós debe falar claramente na familia, no lugar de traballo e na comunidade, de modo que cesen os actos de violencia contra a muller.
Ban Ki-moon, Secretario Xeral das Nacións Unidas.

Video de homenaxe a MULLERES GALEGAS ANÓNIMAS que tanto fixeron e tan pouco se lles recoñeceu.

Vía blog da biblioteca do CEIP Milladoiro de Malpica.

7.3.09

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

Máis alá das diversas teorías sobre a súa orixe, é un feito que dende 1975 a ONU comezou a celebrar este día para concienciar sobre a necesidade de igualar os dereitos de homes e mulleres en todo o mundo.



Incluimos un material que nos foi enviado ao Centro polo CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR. Esta entidade está impartindo no colexio un obradoiro de Igualdade dirixido a alumnas e alumnos do 3º ciclo.

Moitas grazas pola vosa colaboración.