17.10.10

VISITA ÁS FRAGAS DO EUME.

O alumnado do 3º ciclo realizou unha visita guiada ás Fragas do Eume, como parte das actividades do proxecto de Centro para este curso, titulado: "O Lugar onde vivimos".




8.5.10

TRABALLO COLABORATIVO SOBRE A VIDA E OBRA DE UXIO NOVONEYRA.

Coa participación de todo o alumnado do colexio elaboramos un traballo de composición escrita e ilustración sobre a vida e obra do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2010: Uxio Novoneyra tamén chamado "O Poeta do Caurel".

20.4.10

NOVO "VIEIROS DA ESCOLA"

Nova Escola Galega achega un novo Vieros da Escola dedicado á sensibilización sobre patrimonio cultural
no rural do país.
A autoría deste traballo é de Chus Diéguez, Humberto Martínez e Cristina Ogando, profesores no IES de Pontecaldelas. Pódese consultar nesta ligazón:

11.4.10

X CONCURSO DE RELATO ORAL, TÍRALLE DA LINGUA.


Tíralle da lingua é un proxecto da AS-PG, dirixido ao alumnado e profesorado de todo o país, co obxectivo de normalizar o uso oral da nosa lingua, converter o idioma en instrumento de comunicación normal, de creación e recreación de historias...de lingua de uso do noso sistema educativo.

BASES DO CONCURSO AQUÍ.

21.3.10

Xornal gratuito Galego: "De Luns a Venres"



LV: "De Luns a Venres" é o primeiro xornal gratuíto galego. Podemos atopalo nas principais cidades da comunidade ou na rede onde mesmo podemos descargalo.

Preme na imaxe para acceder ao xornal.

24.2.10

PROXECTO VINTE 10


Vinte10 é un proxecto de canle de vídeo on line, creada no IES Porto do Son, onde contan o que fan, onde, quen, por que, para que; (o cando é evidente vinte10>2010 ).
Contan non só, nin principalmente, o académico, senón as emocións, as ilusións, os desafíos; o que saben ou o que imaxinan, ou o que lles apetece.
Non importa que sexa excelente, importa que estea feito con ilusión.
Se vos interesa podedes subscribir a canle de vídeo vinte10:


e a canle de soncine:


en cada unha desas páxinas tedes un RSS para engadir aos voso Google Reader, Netvibes, etc, ou colgar nos vosos blogs.

10.2.10

RECURSOS PARA O ENTROIDO.

Desde o Recanto de Mik chéganos está fantástica recompilación de recursos para O ENTROIDO.

PREME NA FOTO.

7.2.10

A REGUEIFA

A Regueifa forma parte do patrimonio oral galego e, aínda que estiveron bastante olvidadas na segunda parte do século XX, están sendo recuperadas grazas ao esforzo de moitos regueifeiros e institucións.
Neste enlace tedes amplia información : "Vieiros da Escola: A REGUEIFA"

18.1.10

DECÁLOGO PARA SER LINGÜÍSTICAMENTE SOSTIBLE.

Vía o Lar de Frianciño chéganos este documento, froito dunha triple aportación: por unha banda, o Decálogo elaborado polos Servizos Lingüísticos das Universidades catalanas no ano 2008, co gallo do Ano Internacional das Linguas e por outra, a tradución de Adelia Troncoso,compañeira do IES Val do Tea,de Ponteareas, e por último, a maquetación, que é obra do CEIP Frián,de Teis. Esperemos que nos sirva a todos para reflexionar.
Decálogo para ser lingüísticamente sostibles

16.1.10

CALENDARIO NOVONEYRA

Elaborado polo Equipo de Biblioteca do CPI "Luís Díaz Moreno" de Baralla
Idea e maquetación: Delio Chao Lolo.
Textos: Uxio Novoneyra (Os Eidos)
Fotografias: Emilio Blanco Castro, Celsa Chao Lolo e Delio Chao Lolo.
PARABÉNS POLO VOSO TRABALLO!!!