1.12.16

25 N. Día internacional contra a violencia cara a muller

O pasado 25 de novembro, Día internacional contra a violencia cara a muller. o alumnado de 5º de primaria representou unha adaptación da obra de Fina Casalderrey "Xela volveuse vampira". A adaptación da obra foi realizada pola mestra e o alumnado de sexto de primaria.
Tedes as fotos e vídeos da xornada nas respectivas galerías:  FOTOS     VÍDEOS

21.11.16

Visita a Comarca de Ortegal

O pasado mércores 16 de novembro o alumnado de 5º e 6º de primaria, realizou unha visita a Comarca de Ortegal (Porto de Espasante e Ortigueira).
Viaxamos en tren ata Porto de Espasante, onde visitamos o castro "Punta dos Prados", pequeno castro marítimo, onde destaca o "manumento con forno". Podedes ter máis información deste castro no seguinte enlace: Castro Punta dos Prados.
Posteriormente visitamos a cetarea e os percebeiros responderon as preguntas dos nosos alumnos e explicaron como é o seu traballo.
Ao rematar collimos de novo o tren para desprazarnos ata Ortigueira onde visitamos un muiño de vento. Despois de comer realizamos unha ruta polo bordo litoral dende Ortigueira ata a praia dos morouzos. Ao finalizar a ruta visitamos o museo "Ortegalia", onde o alumnado poido ver diferentes elementos da cultura prehistórica galega e da cultura castrexa.
Podedes ver as fotos na galería de imaxes: FOTOS

1.11.16

IX FESTA DA FROITA

Un ano máis celebramos no cole a Festa da Froita en colaboración coa Asociación Galega de Froita Autóctona (AGFA).




 

 

 

 

 

 




video

26.10.16

Saída Homenaxeado letras galegas

Como sabedes o pasado mes de xuño non puidemos facer a saída a Outeiro de Rei có obxectivo de visitar o lugar de nacemento do homaxeado nas Letras Galegas 2016, Manuel María, así que como o prometido é débeda o pasado martes 27 de setembro... alá fomos!!