23.5.09

LETRAS GALEGAS 2009: Mostra Artesanal.

Con motivo da celebración das LETRAS GALEGAS, un ano mais a Unidade Veciñal "OLMO" en colaboración con outras entidades, organiza, ademáis de Encontros Culturais e Xogos Populares, unha Mostra Artesanal que o martes 19 puideron visitar todos os Colexios de Pontedeume. Estas fotos recollen o encontro entre os nenos e nenas do noso colexio cos artesáns. Grazas á Unidade veciñal "Olmo" pola súa invitación e polo agasallo dun lote de libros en galego para a nosa biblioteca.
Parabéns pola organización destas actividades.

MOSTRA ARTESANAL. Letras Galegas 2009 on PhotoPeach

16.5.09

LETRAS GALEGAS 2009.

Reportaxe fotográfica das actividades que durante toda a semana do 11 ao 15 de maio realizamos no colexio de Andrade para conmemorar a celebración das LETRAS GALEGAS 2009, adicadas á figura de Ramón Piñeiro. Para acceder a unha información mais detallada do programa de actividades preme aquí.


14.5.09

Exposición: "Ramón Piñeiro"


Á entrada do colexio está exposto o traballo que sobre a vida e obra de Ramón Piñeiro fixemos este ano coa participación de todo o alumnado, dende Educación Infantil ata 6º curso de Educación Primaria.

  • En Educación Infantil recortaron e colorearon as letras dos titulares.
  • En 1º ciclo fixeron unhas divertidas caricaturas.
  • No 2º ciclo elaboraron unha biografía ilustrada e compuxeron un poema en homenaxe á súa traxectoria.
  • No 3º ciclo traballaron sobre as viaxes de Ramón Piñeiro, a súa obra e elaboraron uns pasatempos.

10.5.09

"O RAP DA LINGUA"

"O RAP DA LINGUA" (MIGALLAS)
Este rap está incluído no disco "Canta connosco"
Dende o blog da biblioteca do CEIP Mestre Martínez Alonso chéganos este video que elaboraron o equipo de Biblioteca en colaboración co ENDL do Centro. Grazas por compartir con nós este estupendo traballo.



Para acceder á letra preme aquí. (dende o recanto de Mik)

Podedes visitar o blog de normalización do CEIP Mestre Martínez Alonso se queredes rapear tamén a poesía de Celso Emilio Ferreiro DEITADO FRENTE AO MAR.

OS MAIOS NO NOSO COLEXIO.

A Festa dos MAIOS, naceu na prehistoria cando os primeiros homes se preguntaban sobre esa forza renovadora que cada ano , tras a época das chuvias e o frío facía abrota-la semente e revestía os campos de variadas cores.
A tradición dos MAIOS na nosa zona vén de moi antigo, un anaco dunha cantiga tradicional da bisbarra eumesa:
Xa chegou o Maio
da nosa Mariña
Maio namorado
do mar e a andoriña
Chegou dende lonxe
acollédeo ben
nesta noble vila
de Galicia Edén.
Como todos os anos no colexio de Andrade elaboramos os noso Maios:
E. Infantil e 1º ciclo: "O PALLEIRO"
2ºCiclo: "A CRUZ"
3º Ciclo: "OS ARCOS".

Aquí tedes a reportaxe fotográfica.