10.6.17

Saída de fin de curso ao Muíño de Pedroso

O día 5 de xuño fixemos unha saída ao Muíño de Pedroso en Narón.
O alumnado de Educación Infantil empezou a mañá cun obradoiro de pan e depois outro de pegadas.
Os de 1º, 2º e 3º fixeron unha andaina, xogos populares, obradoiro de pegadas...
Os de 4º, 5º e 6º outra andaina un pouco máis longo pola beira do Río Xubia estudando diferentes especies autóctonas, un obradoiro de cestería...
Foi un día moi interesante.





22.5.17

Pónlle as pilas ao teu bocata

O obxectivo desta actividade foi promocionar o consumo de conservas como fonte de enerxía, o cal fíxose non só cun obradoiro se non tamén probando distintos produtos. Todos os alumnos probaron e degustaron a pesar de que moitos protestaron.






21.5.17

OBRADOIRO DE ESCRITA: EDITORIAL KALANDRAKA

O pasado venres día 19 de maio a editaorial Kalandraka fíxonos unha proposta moi interesante, un obradoiro de lingua escrita nel que os alumnos de 5º e 6º curso tiveron que escribir unhas postais partindo de fotos e obxectos. As propostas que xurdiron neste obradoiro foron moi interesantes. Deixámosvos un resumo desta actividade en imaxes.





18.5.17

LETRAS GALEGAS 2017

O escritor Carlos Casares (Ourense, 1941-Nigrán, 2002) é o homenaxeado no Día das Letras Galegas do 2017, segundo a decisión tomada  pola Real Academia Galega (RAG)O presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, describiu a Carlos Casares coma «un grande da literatura hispánica do século XX» e subliñou que «no caso dunha literatura e unha lingua tan problemática coma a nosa, contar cun escritor, como Casares, que foi capaz de chegar mesmo a 'mares nunca dantes navegados' -como dicía Luís de Camões-, era moi importante».Carlos Casares foi unha das figuras máis renovadoras da literatura galega das últimas décadas do século XX. Académico, deputado e catedrático. Membro da Real Academia Galega (1977). Deputado no primeiro Parlamento Galego co PSdeG-PSOE (1981). Director da editorial Galaxia (1985) e a revista Grial. Presidente do Consello da Cultura Galega (1996-2002). Catedrático de Literatura nun instituto en Cangas e presidente do Pen Club de Galicia (1996-1999). Colaborador en La Voz de Galicia coa sección A ledicia de ler (1975) e coa columna diaria Á marxe (1992). Galeguista na transición. Foi un dos asinantes do manifesto Realidade Galega co obxectivo de conseguir un Estatuto de Galicia. Participou coma independente nas listas do PSOE e foi membro do primeiro Parlamento galego (1981).  Redactou xunto a Ramón Piñeiro a Lei de Normalización Lingüística (1983), e foi impulsor do Consello da Cultura Galega.  En 1967 publicou a súa primeira obra, Vento ferido. Converteuse en pioneiro da literatura infantil coa galiña azul (1973). Coa obra As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas gañou o certame de Teatro Infantil da Asociación O facho. Xoguetes para un tempo prohibido reportoulle o Premio Galaxia e o da Crítica da narrativa galega da Asociación Española de Críticos Literarios (1975). Foi homenaxeado co premio Critica Galega (1982) con Ilustrísima. Polo traballo Os mortos daquel verán levou o Premio Antón Losada Diéguez, mentres que Deus sentado nun sillón azul foi Premio da Crítica Española (1997) e finalista do Nacional de Narrativa (1998). A publicación no 2002, xa tralo seu pasamento, da obra O sol de verán foi merecedora pola súa banda do premio da Crítica dese ano. E polo seu labor como articulista recibiu os galardóns Fernández Latorre (1983), Julio Camba (1995) e Roberto Blanco Torres. Na entrada do cole fixemos unha exposición cós traballos dos alumnos de 5º e 6º coa vida e obra de Carlos Casares.




O 16 de maio os/as nenos/as de 5º e 6º lles contamos cun cómic e unha presentación a vida e a obra deste carismático autor.

11.5.17

MAIOS 2017

Coa Festa dos Maios celebramos en Galicia a chegada do bo tempo. Trátase dunha celebración de orixe celta relacionada coas primeiras flores da primaveira.
Este ano fixemos un palleiro e alfombras florais, nas que representamos diferentes imaxes relacionadas coas persoaxes que aparecen nos libros do homenaxeado deste ano nas Letras Galegas, Carlos Casares.









4.5.17

Apadriñamentos lectores





2.4.17

DÍA DA MULLER.

Co gallo da celebración do Día da muller traballadora (8 de marzo), o Equipo de Dinamización da Língua Galega decidiu invitar a mulleres relacionadas con profesións vinculadas ao Proxecto de Centro que este curso estamos desenvolvendo:  "Vida saúdable", neste caso pensamos en alguén vínculada ao mundo do deporte. 
O 31 de marzo contamos cunha muller que non só destacou facendo do deporte o eixe da súa vida se non que é unha muller loitadora pola igualdade, no fútbol profesional, entre homes e mulleres. 


María Luisa Villa Gutiérrez (Marisa), é a coordinadora da arbitraxe feminina do Comité Técnico de Árbitros Nacional.
Naceu en Puebla de Don Rodrigo (Ciudad Real).
Empezou no mundo do fútbol sendo entrenadora das escolas deportivas do seu pobo, formou equipos en todas as categorías dende as categorías base.
En xuño de 2004 conseguiu pasar á Liga de Fútbol profesional e un ascenso a 2ª división. O 14 de xullo de 2007 convértese na primeira muller árbitra da 1ª división de fútbol.
Marisa, deixou a arbitraxe tras unha brillante traxectoria de 17 anos e case 100 partidos internacionais entre os Xogos Olímpicos e campeonatos da UEFA e da FIFA.
Darlle as grazas a esta muller por aceptar a nosa invitación. Foi unha charla moi enriquecedora que mestres e alumnos desfrutamos.
Falounos da súa profesión e da importancia do deporte na súa vida.




6.3.17

Queima dos mecos

O venres 3 de marzo de 2017  rematou  o Entroido no CEIP Plurilingüe de Andrade.
Entérramos as ganas de troula e gardamos os disfraces.
Queimamos os mecos viaxeiros deste Entroido inspirado nunha viaxe polo mundo.
Aínda que a chuvia estivo presente nesta queima fomos capaces de escoitar o Testamento e queimar os mecos polos males que fixeron.

Aquí tedes un resumo do acontecido en imaxes.










3.3.17

Entroido 2017




Un ano máis, celebramos o Entroido no CEIP de Andrade. O tema elixido foi unha viaxe polo mundo. Así que os nosos mecos, que son moi viaxeiros, foron por todo o mundo: Asia, América, África, Oceanía...  
Os nenos e nenas do cole, prepararon con moita ilusión uns bailes moi marchosos, representando aos distintos continentes do mundo.
Os máis pequenos do cole cruzaron o Océano Atlántico para facer as Américas e ao seu paso por México, descubriron unha danza moi vistosa do estado do Hidalgo. Os bailaríns chamados "matlachines", vestían faldas de cores vivos e túnicas longas.


Os Maoríes foron un pobo moi viaxeiro. Navegando nas súas wakas (canoas) descubriron e colonizaron as illas de Nova Zelanda. Este pobo son os tangata whenua, un pobo indíxena de Nova Zelanda. Chegaron alí fai máis de mil anos dende a súa terra natal na Polinesia de Hawaiki. Hoxe en día, o pobo maorí, representa o 14% da súa poboación.
O alumnado de 1º, prepararou un baile chamado Haka, que este pobo fai con berros e golpes rítmicos para recibir aos visitantes e intimidar aos adversarios.
Na súa andaina polo mundo, estos mecos viaxeiros atoparon moitos nenos e nenas aos que non se lles respectan os seus dereitos. Os rapaces de segundo, prepararon unha canción dos Dereitos Universais, xa que todas as persoas nacemos iguais aínda que teñamos diferentes idiomas, razas ou relixións. Polos distintos países por onde foron pasando estes nenos, fóronse vestindo como os habitantes deses lugares, polo que disfrazáronse con traxes de todo o mundo e cantaron unha canción dos dereitos dos nenos e das nenas.

Os nenos e nenas de terceiro viaxaron a África onde percorreron o famoso deserto do Sáhara. Alí aprenderon unha danza saharaui que troxeron ata Andrade para compartir con todos os asistentes ao festival.
                                       
Da súa viaxe a Brasil os alumnos de cuarto, trouxéronnos un baile con ritmo de samba.
Os nenos e nenas de quinto e sexto fixeron unha viaxe a Asia, onde descubriron os avances da industria cinematográfica da India. Fixeron unha representación dunha canción típica dese país chamada "Marjani", un canto a liberdade.
Despois destas actuacións tan boas, compartimos uns doces de Entroido que as familias fixeron na casa.



O Concello de Pontedeume estivo presente no cole, e cando estabamos rematando a degusntación de doces típicos destas festas recibimos a visita duns zancudos.


24.2.17

Día de Rosalía de Castro

Concellos, entidades culturais, centros educativos e institucións de toda Galicia celebran o 24 de febreiro o día de Rosalía de Castro co gallo da conmemoración do nacemento desta escritora.
Este ano, o EDLG fixo unha selección de poemas da autora e foron enviados as casas para ser lidos polos maiores da casa. Despois fixemos un vídeo resumo que vimos todos xuntos.
Por outra banda, en relación ao Proxecto Interdisciplinar de centro "Hábitos saudables" agasallamos a todos/as os/as nenos/as cun poema da escritora nel que fala de alimentos e degustamos unhas bólas.