FESTA DA FROITA

O martes 31 de outubro celebramos a X Festa da Froita no CEIP Plurilingüe de Andrade e contamo un ano máis coa colaboración da Asociación Galega de Froita autóctona do eume, os cales están a traballar arreo en prol da recuperación, preservación e difusión das variedades autóctonas ou tradicionais das árbores froiteiras. A finalidade de iniciar a celebración desta festa fai xa 10 anos foi a de  Promocionar a Froita Autóctona entre o noso alumnado e familias e achegar aos máis novos o interese pola mesma.

De conformidade coas  bases publicadas no taboleiro de anuncios do centro así como na nosa páxina web este ano entregáronse tres agasallos, foron os seguintes:

1º Premio á variedade en perigo de extinción 

1º Premio á mellor variedade e composición 

1º Premio á mellor valoración 

O resto de concursantes recibiron un diploma pola súa participación.

No seguinte enlace tedes un acceso as fotografías feitas este día.



Comentarios