21.12.08

FELICITACIÓN DE NADAL.


"AGASALLOS EN GALEGO"

Adxuntamos un catálogo de agasallos onde a lingua galega tamén está presente, idea orixinal do alumnado do CPI Vicente Otero Valcárcel, coordinado polo profesor Anxo Gómez Sánchez.
PREME NA IMAXE PARA ACCEDER AO CATÁLOGO.

A LINGUA ANIMADA


Grazas ao blog O RECANTO DE MIK descobrimos estas estupendas animacións en Flocos.tv, cineclube do audiovisual galego. Trátase de sete curtas baixo o título xenérico A LINGUA ANIMADA , adaptacións libres e humorísticas de textos e relatos da nosa literatura, de autores como Cunqueiro, Murguía, Eladio Rodríguez ou Avilés de Taramancos. Foron realizadas por Virginia Curiá e Tomas Conde entre o 2000 e o 2003.

ALISTÁN, O DEMO OVEIRO - A XAGUARANA - A ESCOLA DAS AREAS - GOOD NIGHT MON AMI - MEIGALLOS, SOMBRAS E PAPAS DE ARROZ - OS DEFUNTOS FALABAN CASTELAO -IGNOTUS
VER CONTRATACIÓN E NORMAS DE USO (Cinemas Dixitais, Axencia Audiovisual Galega).

9.12.08

"ESPECIAL DE NADAL"

No portal da Xunta, no apartado de CONTIDOS EDUCATIVOS, aparece un espacio adicado ao Nadal, para coñecer mais cousas sobre esta festividade, tanto en Galicia como noutros lugares do mundo.

Preme na foto para acceder á páxina.

7.12.08

NOMES E APELIDOS.


Se entras na páxina CHÁMATE CON XEITO podes descubrir se existe unha forma galega para o teu nome e apelidos. Pero tamén podes saber como te chamarías e apelidarías en correcto castelán. Ademais na web tamén se pode descargar a lexislación e os impresos legais necesarios para galeguizar nomes e apelidos.

30.11.08

CONTOS PARA FALAR.

O mércores 26 de novembro a Editorial Rodeira organizou as actividades de "Contos para falar" para os nenos e nenas de Ponte-deume.
Dentro da campaña de dinamización lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que inclúe libros, contacontos, música, xogos, pintura ou teatro da man de oito editoriais galegas. A Nosa Terra, Baía, Galaxia, Kalandraka, Oqo, Rodeira, Sotelo Blanco e Xerais e que desenvolven os proxectos, destinados a rapaces e rapazas de entre 4 e 18 anos.


1.11.08

SAMAÍN 2008.


Samaín, palabra gaélica, significa o fin do verán e o principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros.
Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outro mundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores.
Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña.


O xoves día 30 celebramos a festa do "Samaín" no colexio, as actividades foron moi variadas:
As alumnas/os do 4º curso fixeron a representación teatral: "Indo para o Samaín".
Os nenos e nenas de 3º bailaron o "baile dos pantasmas".
Os alumnos/as de 1º Ciclo cantáronnos unha canción en inglés cunha proxección na que aparecían e desaparecían cabazas que eles chamaban "pumpkin lanterns".
No 3º ciclo, os rapaces e rapazas de 5º curso léronnos e explicáronnos moitas cousas sobre esta festividade. Os alumnos/as de 6º, seguindo co obradoiro de cociña, fixeron para todos nós un BIZCOITO DE CABAZA, que estaba boísimo.
Ao remate cantamos a canción do grupo Mamá Cabra: "Samaín".
Parabéns a todos e todas polo voso traballo!!!



BubbleShare: Share photos - Craft Ideas

27.10.08

FESTA DE EXALTACIÓN DA FROITA DE OUTONO


O 24 de Outubro celebramos no colexio a "FESTA DE EXALTACIÓN DA FROITA DE OUTONO" en colaboración con AGFA do Eume (Asociación Galega da Froita Autóctona do Eume).
En primeiro lugar, o Director explicou brevemente o proceso da nosa plantación de mazás autóctonas:
As charlas dos membros de AGFA na biblioteca do centro.
A formación de grupos que se ocuparán de cada unha das árbores.
A plantación, coa participación de todos os alumnos/as do colexio.
O coidado das árbores.
A froita.
As nosas actividades relacionadas coa plantación:
cantigas, adiviñas, poemas, contos, redacións, receitas,
debuxos e manualidades.





Todos os alumnos/as de 6º trouxeron ao colexio unha receita na que o principal ingrediente é a mazá. Acompañados pola súa titora , Ánxeles, elaboraron cada unha destas receitas nun Obradoiro de Alimentación: empanadillas, hoxaldre, chiribicos, flan, compota, crema ... O resultado foi espectacular e aínda mais a degustación.












Ese día tamén tivemos unha charla: "A froita e a súa importancia na nosa dieta"

Recopilación de material empregado na charla:



Ao remate tivemos unha degustación de froita ao natural e cociñada.

E tamén animación con gaiteiros.



A TVG e os xornais tamén recolleron a noticia da nosa "Festa de exaltación da

froita de Outono."

Se queres ver os videos gravados pola TVG preme nestes enlaces:

"FESTA DA FROITA DE OUTONO"

"EXALTACIÓN DA FROITA AUTÓCTONA"

26.10.08

APERTURA BIBLIOTECA

O Venres 17 tivo lugar o acto de "Apertura da Biblioteca" curso 2008/09.
O programa enviado pola nosa mascota "RAIOTECA" foi o seguinte:



Estas fotos recollen algúns dos momentos deste acto e a cada un dos grupos do colexio cos seus carnés, marcapáxinas e guías da biblioteca.

"FELICES LECTURAS A TODAS E TODOS"





Ao remate fomos invitados/as a unhas galletas elaboradas polos lectores e lectoras de Andrade no "OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN".

13.9.08

Benvida.


ImageChef.com - Custom comment codes for MySpace, Hi5, Friendster and more


Comezamos un novo curso e queremos darvos a benvida a todos e todas.
Seguro que será un curso cheo de novas experiencias e repleto de novidades. Un saúdo moi especial para os visitantes do noso blog.

4.7.08

XA CHEGOU O VERÁN.


Beach custom comment codes for MySpace, Hi5, Friendster and more - ImageChef.com

Da nena que xoga

cos raios do sol

uns din que está tola

e algúns din que non.

Sentada na escuma,

cabelo das ondas,

soterra na area

as finas raiolas.

Con elas colora

estrelas de mar,

caracolas, cunchas,

algas e corais.

E con elas tingue

de bronce os solpores,

de néboa os abrentes,

as nubes, de cores.

O ceo, de fume;

os soños, de azul;

os ríos, de seda;

e os cumes, de luz.

Da nena que xoga

cos raios de sol

uns din que está tola,

                    ¡eu digo que non!

                       De "Paseniño, paseniño"

                    Antonio García Teijeiro

7.6.08

A NOSA PLANTACIÓN.

O 5 de Marzo realizamos a primeira plantación escolar, no recinto exterior do colexio, das seis variedades recoñecidas da MAZÁ EUMESA. Con isto, a Asociación Galega da Froita Autóctona do Eume (AGAFA), iniciaba as súas actividades para transmitir a cultura da froita da comarca.
Desas árbores xa brotaron os primeiros froitos.






REPRESENTACIÓNS TEATRAIS

Dentro das actividades programadas neste mes de Maio: "Mes das Letras Galegas", tivemos a representación de tres obras teatrais:
1º Ciclo: "Un ratiño chamado COLORÍN"
5º Curso: "Romance do Afiador"
6º Curso: "Os Maios de troula"


"UN RATIÑO CHAMADO COLORÍN"






"ROMANCE DO AFIADOR"



"OS MAIOS DE TROULA"



6.6.08

ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS 2008

TRABALLO COLECTIVO SOBRE X.M. ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

Na entrada do colexio estivo exposto durante toda a semana das LETRAS GALEGAS un traballo sobre X.M.Álvarez Blázquez, no que participamos todos os alumnos/as do colexio.

Os nenos e nenas de E.Infantil , coloreamos, recortamos e pegamos as letras que compoñen o seu nome. Tamén ilustramos cun bonito debuxo o poema titulado "Arco da vella" do libro: ROSEIRA DO TEU MENCER.
Os nenos e nenas do 1º Ciclo, coloreamos, recortamos e pegamos as letras que nos anuncian o que celebramos o 17 de Maio: Día das Letras Galegas. Tamén ilustramos outro poema do libro ROSEIRA DO TEU MENCER titulado: "Polo Laranxal".
Os nenos e nenas do 2º ciclo, escribimos e ilustramos a súa biografía. Tamén elaboramos a súa árbore xenealóxica con ilustracións. Ademáis copiamos e fixemos debuxos dun poema titulado: "Ise neno da rúa" , que nos fixo reflexionar moito.
Os nenos e nenas do 3º ciclo, traballamos sobre o "Romance do afiador" e afondamos nesta profesión que hoxe en día xa case non existe. Tamén limos algúns textos do "Cancioneiro de Monfero" o que nos dou pé a escribir e buscar ilustracións do Mosteiro de Monfero, que ademáis está situado a poucos kilómetros da escola e hai alumnos/as do colexio que viven nas proximidades deste Mosteiro. Para rematar fixemos unhas caricaturas moi divertidas.







ROSALÍA ILUSTRADA

Non debemos esquecer que na celebración das LETRAS GALEGAS cada 17 de Maio, ademáis de homenaxear a algún escritor ou escritora en Lingua Galega conmemórase a publicación do libro de Rosalia de Castro: "Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863.
Os alumnos/as do 1º, 2º e 3º Ciclo de Primaria do cole visitaron na Casa da Cultura do Concello de Pontedeume unha exposición titulada: "Rosalía Ilustrada", previamente traballaron unhas fichas didácticas sobre a súa vida e obra.
Este libro de acrósticos co nome de Rosalía fixérono os alumnos/as do 2º Ciclo inspirándose nesta exposición.





MOSTRA ARTESANAL

Con motivo da celebración das LETRAS GALEGAS a Unidade Veciñal "OLMO" en colaboración con outras entidades, organiza, ademáis de Encontros culturais e Xogos populares, unha Mostra artesanal que o martes 13 puideron visitar todos os Colexios de Pontedeume. Estas fotos recollen o encontro entre os nenos e nenas do noso colexio cos artesáns.Grazas á Unidade veciñal "Olmo" pola súa invitación e parabéns pola organización destas actividades



POEMAS ESCENIFICADOS

O Venres 16, para conmemorar o día das Letras Galegas e como homenaxe a X.M.Álvarez Blázquez, preparamos dous poemas escenificados:"Polo laranxal" representado e ampliado con estrofas de creación propia por alumnos/as de 4º nivel ."O Raposo Roldán" representado por alumnos/as de 3º nivel.


O RAPOSO ROLDÁN

Nas fragas do Eume,

vivía un raposo

arteiro e mañoso

de nome Roldán.

Andaba a correr

tras a merla perla,

mais caeu no camiño

e rompeu o fociño.

A merla brincaba

e alegre quedaba,

mentres o raposo

moi triste choraba.

POLO LARANXAL
POLO LARANXAL
TRES AVELAIÑAS ANDAN A VOAR.
UNHA, DÚAS, TRES,
DE PRESA QUE VOAN, VENSE E NON SE VEN.
POLO LARANXAL
TRES AVELAIÑAS ANDAN A CHUCHAR.
UNHA, DÚAS, TRES,
DE TANTO QUE CHUCHAN, BORRACHAS DE MEL.
¡CAIDAS NO CHAN,
TRES AVELAIÑAS POLO LARANXAL!
X.M.Álvarez Blázquez

5.6.08

Actividades con LIM: "O NENO MAIO"



Neste enlace atoparedes as actividades relacionadas cos "Maios"que elaboramos co programa LIM:

Actividades con LIM:
"O NENO MAIO"

24.5.08

"NO REGO DO PRADO"

Desde o Equipo de Normalización Lingüística do CEIP de Andrade, en colaboración con alumnos/as de 6º, elaboramos este video a partir dun poema de X.M.Álvarez Blázquez titulado: "No rego do prado". Está ilustrado con fotos do recinto exterior do noso Centro. Aínda que ten algúns fallos técnicos, é a nosa primeira experiencia neste campo, (prometemos mellorar), de todas maneiras esperamos que vos guste.


video

19.5.08

ACTIVIDADES EN LIÑA

Incluimos nesta entrada un enlace ao SeminarioGalán.org, no que se mostran unha serie de ACTIVIDADES EN LIÑA, elaboradas con "lim" e adaptadas a todos os niveis, dende E.Infantil ata 3º Ciclo de Primaria. Tamén están incluidos DOCUMENTOS E ACTIVIDADES para imprimir e un ÁLBUM DE FOTOS, todo este material sobre a vida e obra de X.M.Álvarez Blázquez.
Moi interesante!!!

Preme neste enlace para acceder: X.M. ÁLVAREZ BÁZQUEZ

11.5.08

X.M.Álvarez Blázquez. Traballo realizado no CEIP San Francisco Xabier.

Parabéns ao colexio San Francisco Xabier por publicar este estupendo traballo sobre X.M.Álvarez Blázquez. Non queriamos deixar pasar a oportunidade de que os nosos alumnos e alumnas participen resolvendo as cuestións que se plantexan na presentación .