22.5.17

Pónlle as pilas ao teu bocata

O obxectivo desta actividade foi promocionar o consumo de conservas como fonte de enerxía, o cal fíxose non só cun obradoiro se non tamén probando distintos produtos. Todos os alumnos probaron e degustaron a pesar de que moitos protestaron.






21.5.17

OBRADOIRO DE ESCRITA: EDITORIAL KALANDRAKA

O pasado venres día 19 de maio a editaorial Kalandraka fíxonos unha proposta moi interesante, un obradoiro de lingua escrita nel que os alumnos de 5º e 6º curso tiveron que escribir unhas postais partindo de fotos e obxectos. As propostas que xurdiron neste obradoiro foron moi interesantes. Deixámosvos un resumo desta actividade en imaxes.





18.5.17

LETRAS GALEGAS 2017

O escritor Carlos Casares (Ourense, 1941-Nigrán, 2002) é o homenaxeado no Día das Letras Galegas do 2017, segundo a decisión tomada  pola Real Academia Galega (RAG)O presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, describiu a Carlos Casares coma «un grande da literatura hispánica do século XX» e subliñou que «no caso dunha literatura e unha lingua tan problemática coma a nosa, contar cun escritor, como Casares, que foi capaz de chegar mesmo a 'mares nunca dantes navegados' -como dicía Luís de Camões-, era moi importante».Carlos Casares foi unha das figuras máis renovadoras da literatura galega das últimas décadas do século XX. Académico, deputado e catedrático. Membro da Real Academia Galega (1977). Deputado no primeiro Parlamento Galego co PSdeG-PSOE (1981). Director da editorial Galaxia (1985) e a revista Grial. Presidente do Consello da Cultura Galega (1996-2002). Catedrático de Literatura nun instituto en Cangas e presidente do Pen Club de Galicia (1996-1999). Colaborador en La Voz de Galicia coa sección A ledicia de ler (1975) e coa columna diaria Á marxe (1992). Galeguista na transición. Foi un dos asinantes do manifesto Realidade Galega co obxectivo de conseguir un Estatuto de Galicia. Participou coma independente nas listas do PSOE e foi membro do primeiro Parlamento galego (1981).  Redactou xunto a Ramón Piñeiro a Lei de Normalización Lingüística (1983), e foi impulsor do Consello da Cultura Galega.  En 1967 publicou a súa primeira obra, Vento ferido. Converteuse en pioneiro da literatura infantil coa galiña azul (1973). Coa obra As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas gañou o certame de Teatro Infantil da Asociación O facho. Xoguetes para un tempo prohibido reportoulle o Premio Galaxia e o da Crítica da narrativa galega da Asociación Española de Críticos Literarios (1975). Foi homenaxeado co premio Critica Galega (1982) con Ilustrísima. Polo traballo Os mortos daquel verán levou o Premio Antón Losada Diéguez, mentres que Deus sentado nun sillón azul foi Premio da Crítica Española (1997) e finalista do Nacional de Narrativa (1998). A publicación no 2002, xa tralo seu pasamento, da obra O sol de verán foi merecedora pola súa banda do premio da Crítica dese ano. E polo seu labor como articulista recibiu os galardóns Fernández Latorre (1983), Julio Camba (1995) e Roberto Blanco Torres. Na entrada do cole fixemos unha exposición cós traballos dos alumnos de 5º e 6º coa vida e obra de Carlos Casares.




O 16 de maio os/as nenos/as de 5º e 6º lles contamos cun cómic e unha presentación a vida e a obra deste carismático autor.

11.5.17

MAIOS 2017

Coa Festa dos Maios celebramos en Galicia a chegada do bo tempo. Trátase dunha celebración de orixe celta relacionada coas primeiras flores da primaveira.
Este ano fixemos un palleiro e alfombras florais, nas que representamos diferentes imaxes relacionadas coas persoaxes que aparecen nos libros do homenaxeado deste ano nas Letras Galegas, Carlos Casares.









4.5.17

Apadriñamentos lectores