28.6.09

LETRAS GALEGAS 2010: Uxio Novoneyra.


Uxío Novoneyra converterase, no ano no que se cumpre o décimo aniversario do seu pasamento, no poeta homenaxeado no Día das Letras Galegas 2010.
Novoneyra foi un dos poetas máis relevantes en lingua galega de todos os tempos. A obra do poeta está enraizada na tradición e no popular. Vinculado tamén ás vangardas, na súa obra destaca o lirismo da palabra. Novoneyra foi un poeta de entrega total, pero non de minorías, xa que sempre tivo unha gran preocupación pola comunicación co pobo.
Para máis información sobre a súa obra preme aquí.

14.6.09

LECTURAS COMPARTIDAS.


Durante este terceiro trimestre fixemos unha actividade proposta polo equipo de biblioteca, coa participación das familias: "LECTURAS COMPARTIDAS".
Léronse varios libros en galego:
"CHOCOLATA"
"SACAPENAS"
"XOGANDO ÁS ADIVIÑAS"
"A POTA QUE TROTA"
E tamén algúns escritos polo alumnado do centro, como "A BALEA PERCORREMAR" de Lucía (5ºcurso).
Foi unha actividade moi interesante, coa que continuaremos o vindeiro curso.
Aquí tedes a reportaxe fotográfica dalgúns dos momentos destas "Lecturas Compartidas".


"XARDÍN DO PASATEMPO"

O venres 29, celebrouse en Pontedeume, nos xardíns de Lombardero, un acto en homenaxe a Ramiro Fonte, organizado pola Biblioteca Pública Municipal, en colaboración cos CEIPs do concello; do noso centro acudiron o grupo de alumnas e alumnos de 5º curso, que recitaron tres poemas do libro "O XARDÍN DO PASATEMPO".



O TREN DA LINGUA


O alumnado de E.Infantil e 1º ciclo de Primaria subiron a semana pasada ao tren da Língua. Esta actividade patrocinada por CaixaNova, ten por obxectivo o fomento da língua galega entre os máis novos.
Saímos do colexio ás 10:00 en autobús cara a estación de Ferrol. Alí esperábanos un tren que nos levou ata Betanzos.
No tren, dous animadores, amenizan a viaxe coas súas historias.
Tamén recibimos de agasallo unha bonita mochila.