30.11.08

CONTOS PARA FALAR.

O mércores 26 de novembro a Editorial Rodeira organizou as actividades de "Contos para falar" para os nenos e nenas de Ponte-deume.
Dentro da campaña de dinamización lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que inclúe libros, contacontos, música, xogos, pintura ou teatro da man de oito editoriais galegas. A Nosa Terra, Baía, Galaxia, Kalandraka, Oqo, Rodeira, Sotelo Blanco e Xerais e que desenvolven os proxectos, destinados a rapaces e rapazas de entre 4 e 18 anos.


1.11.08

SAMAÍN 2008.


Samaín, palabra gaélica, significa o fin do verán e o principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros.
Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outro mundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores.
Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña.


O xoves día 30 celebramos a festa do "Samaín" no colexio, as actividades foron moi variadas:
As alumnas/os do 4º curso fixeron a representación teatral: "Indo para o Samaín".
Os nenos e nenas de 3º bailaron o "baile dos pantasmas".
Os alumnos/as de 1º Ciclo cantáronnos unha canción en inglés cunha proxección na que aparecían e desaparecían cabazas que eles chamaban "pumpkin lanterns".
No 3º ciclo, os rapaces e rapazas de 5º curso léronnos e explicáronnos moitas cousas sobre esta festividade. Os alumnos/as de 6º, seguindo co obradoiro de cociña, fixeron para todos nós un BIZCOITO DE CABAZA, que estaba boísimo.
Ao remate cantamos a canción do grupo Mamá Cabra: "Samaín".
Parabéns a todos e todas polo voso traballo!!!



BubbleShare: Share photos - Craft Ideas