29.4.09

HISTORIA DUNHA SOBREIRA


Con motivo da celebración do DÍA DO LIBRO asistimos no colexio a unha representación teatral na que as actrices e os actores son alumnas e alumnos de 4º curso de Primaria. O título da obra de teatro é: "HISTORIA DUNHA SOBREIRA". O libro está ilustrado por Suso Cubeiro, que nos visitará o mércores 6 de maio. Durante estes días previos á súa visita poderemos ver, na entrada do colexio, unha exposición con todos os libros que temos na nosa biblioteca ilustrados por él.
Parabéns a estes alumnos e alumnas de 4º curso polo seu traballo.
Nesta reportaxe podedes ver algunhas escenas desta representación:


10.4.09

CERTAME DE RECITADO DE POESÍA.

O equipo de Biblioteca conxuntamente co ENL do Centro propuxemos a celebración dun Certame de Poesía, co motivo do Día Mundial da Poesía o 21 de Marzo.
Este video recolle os poemas en galego que se presentaron a este certame e que foron creados e ilustrados polos propios alumnos e alumnas do 2º ciclo.

Parabéns pola creación, ilustración e recitado destos fantásticos poemas.

Polas características deste blog non se visualiza o video en pantalla completa, pero se premes neste enlace podes acceder ao video completo:

CERTAME DE POESÍA PRIMAVERA 2009