24.2.09

DÍA DE ROSALIA.

Cada 24 de Febreiro, data do nacemento de Rosalía de Castro(Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 1837 — Padrón, 15 de xullo de 1885), celebramos o
"DÍA DE ROSALIA."

Premendo nesta imaxe, podes acceder a mais información sobre este acto.

Ademais neste enlace ao blog da nosa biblioteca atoparemos unhas fichas didácticas para ampliar os nosos coñecementos sobre esta importante escritora galega.

ROSALÍA ILUSTRADA.

23.2.09

ENTROIDO 2009.

O venres día 20 celebramos O ENTROIDO. Despois da busca de información sobre roupas, accesorios, costumes, músicas, danzas... de cada un dos períodos históricos, elaboramos os disfraces e preparamos as actuacións.


En Educación Infantil, PREHISTORIA,
No 2º ciclo, Habitantes dos CASTROS e VIKINGOS ,
No 1º ciclo, Civilización ROMANA,
No 3º Ciclo, A CIVILIZACIÓN EXIPCIA,
O Claustro de Profesores, A IDADE MEDIA.


E. Infantil: "TROGLODITAS"
Cantan e bailan: "Brut, o Troglodita"
1º Ciclo: "ROMANUS RAPERUS"
Cantan e bailan o rap: "Somos os romanos"
2º Ciclo: "CELTAS E VIKINGOS"
Baile: "Celta Vikingui"
3º Ciclo: "EXIPTO"
Cantan e bailan: "Tutankamon Baby".
Claustro de Profesores: "IDADE MEDIA"
Cantan e bailan: "Mediana Idade???"

E para rematar, degustación de postres típicos de Entroido elaborados polas familias de todo o alumnado do colexio.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
FELIZ ENTROIDO!!!!!!!!!!!!
Premendo na imaxe podes acceder ás fotos .

18.2.09

"ENTROIDO"

Premendo na imaxe poderás acceder ao especial de Entroido publicado na páxina de Contidos Educativos da Conselleria.

14.2.09

"A PODA DAS NOSAS ÁRBORES"

Tres membros da Asociación Galega da Froita Autóctona do Eume (AGFA) achegáronse ao noso colexio para continuar explicándonos os coidados que requiren as nosas árbores, nesta ocasión trátase da PODA:
Hai tres tipos de poda:

1.Polos Obxectivos:

  • Formación: darlle ás árbores a forma convinte para formar un esqueleto robusto que soporte ben as súas ramas.
  • Fructificación.

2. Pola clase de corte:

  • Podas de despunte.
  • Poda corta
  • Poda longa.

3. Poda por aclareo: Eliminación dos ramos enteiros.

4. Poda segundo a época:

  • Desxemado: Final do inverno.
  • Desbotado: En Maio.

Grazas aos membros de AGFA e parabéns pola súa iniciativa.

8.2.09

AS NOSAS PALABRAS, OS NOSOS MUNDOS.

Preme na imaxe.

Un enlace que dende a páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüítica nos amosa unha "Exposición itinerante sobre a Lingua Galega na diversidade lingüística".

UNHA LINGUA EN EBULICIÓN
NUN MUNDO EN EVOLUCIÓN.