"A PODA DAS NOSAS ÁRBORES"

Tres membros da Asociación Galega da Froita Autóctona do Eume (AGFA) achegáronse ao noso colexio para continuar explicándonos os coidados que requiren as nosas árbores, nesta ocasión trátase da PODA:
Hai tres tipos de poda:

1.Polos Obxectivos:

  • Formación: darlle ás árbores a forma convinte para formar un esqueleto robusto que soporte ben as súas ramas.
  • Fructificación.

2. Pola clase de corte:

  • Podas de despunte.
  • Poda corta
  • Poda longa.

3. Poda por aclareo: Eliminación dos ramos enteiros.

4. Poda segundo a época:

  • Desxemado: Final do inverno.
  • Desbotado: En Maio.

Grazas aos membros de AGFA e parabéns pola súa iniciativa.

Comentarios