ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS 2008

TRABALLO COLECTIVO SOBRE X.M. ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

Na entrada do colexio estivo exposto durante toda a semana das LETRAS GALEGAS un traballo sobre X.M.Álvarez Blázquez, no que participamos todos os alumnos/as do colexio.

Os nenos e nenas de E.Infantil , coloreamos, recortamos e pegamos as letras que compoñen o seu nome. Tamén ilustramos cun bonito debuxo o poema titulado "Arco da vella" do libro: ROSEIRA DO TEU MENCER.
Os nenos e nenas do 1º Ciclo, coloreamos, recortamos e pegamos as letras que nos anuncian o que celebramos o 17 de Maio: Día das Letras Galegas. Tamén ilustramos outro poema do libro ROSEIRA DO TEU MENCER titulado: "Polo Laranxal".
Os nenos e nenas do 2º ciclo, escribimos e ilustramos a súa biografía. Tamén elaboramos a súa árbore xenealóxica con ilustracións. Ademáis copiamos e fixemos debuxos dun poema titulado: "Ise neno da rúa" , que nos fixo reflexionar moito.
Os nenos e nenas do 3º ciclo, traballamos sobre o "Romance do afiador" e afondamos nesta profesión que hoxe en día xa case non existe. Tamén limos algúns textos do "Cancioneiro de Monfero" o que nos dou pé a escribir e buscar ilustracións do Mosteiro de Monfero, que ademáis está situado a poucos kilómetros da escola e hai alumnos/as do colexio que viven nas proximidades deste Mosteiro. Para rematar fixemos unhas caricaturas moi divertidas.







ROSALÍA ILUSTRADA

Non debemos esquecer que na celebración das LETRAS GALEGAS cada 17 de Maio, ademáis de homenaxear a algún escritor ou escritora en Lingua Galega conmemórase a publicación do libro de Rosalia de Castro: "Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863.
Os alumnos/as do 1º, 2º e 3º Ciclo de Primaria do cole visitaron na Casa da Cultura do Concello de Pontedeume unha exposición titulada: "Rosalía Ilustrada", previamente traballaron unhas fichas didácticas sobre a súa vida e obra.
Este libro de acrósticos co nome de Rosalía fixérono os alumnos/as do 2º Ciclo inspirándose nesta exposición.





MOSTRA ARTESANAL

Con motivo da celebración das LETRAS GALEGAS a Unidade Veciñal "OLMO" en colaboración con outras entidades, organiza, ademáis de Encontros culturais e Xogos populares, unha Mostra artesanal que o martes 13 puideron visitar todos os Colexios de Pontedeume. Estas fotos recollen o encontro entre os nenos e nenas do noso colexio cos artesáns.Grazas á Unidade veciñal "Olmo" pola súa invitación e parabéns pola organización destas actividades



POEMAS ESCENIFICADOS

O Venres 16, para conmemorar o día das Letras Galegas e como homenaxe a X.M.Álvarez Blázquez, preparamos dous poemas escenificados:"Polo laranxal" representado e ampliado con estrofas de creación propia por alumnos/as de 4º nivel ."O Raposo Roldán" representado por alumnos/as de 3º nivel.


O RAPOSO ROLDÁN

Nas fragas do Eume,

vivía un raposo

arteiro e mañoso

de nome Roldán.

Andaba a correr

tras a merla perla,

mais caeu no camiño

e rompeu o fociño.

A merla brincaba

e alegre quedaba,

mentres o raposo

moi triste choraba.

POLO LARANXAL
POLO LARANXAL
TRES AVELAIÑAS ANDAN A VOAR.
UNHA, DÚAS, TRES,
DE PRESA QUE VOAN, VENSE E NON SE VEN.
POLO LARANXAL
TRES AVELAIÑAS ANDAN A CHUCHAR.
UNHA, DÚAS, TRES,
DE TANTO QUE CHUCHAN, BORRACHAS DE MEL.
¡CAIDAS NO CHAN,
TRES AVELAIÑAS POLO LARANXAL!
X.M.Álvarez Blázquez

Comentarios