OBRADOIRO DE POESÍA


XOGANDO CO VENTO
Xosé é un meniño
que vive en Ventorrillo.
Ten dous irmanciños.
Ten o vento por veciño.
Non ten ningún amigo.
Por eso
xoga co ventiño.
Laura Paz




CRI-CRI-CRI
O gato Gastón
come un montón,
puxéronlle melón
e comeu pastelón,
quería comer
un enorme pastel
e comeu por orgullo
pastelón de melón.
Aquel mesmo día
comeu unha sandía
que parecía que estaba viva.
O grilo Gastón
é un lambón,
come tanto que
algún día vai estoupar.
Lucía Beceiro.
























A NENA E A SERPE
Unha nena espelida,
unha nena atrevida
esa é Elsira.
Foi ao cabo da Serpe
a onde ninguén quería ir,
foi ela soa, sen ninguén con quen ir.
Encontrou unha serpe
que lle dixo a causa
de que non houbera peixes:
Un barco vello
encheu de lixo o mar
e todos os peixes tiveron que marchar.
Elsira a todos informou
do que a serpe lle contou.
O seu pai mariñeiro
moito se contentou
porque moitos peixes ía encontrar ,
cando saíra a pescar.
Fátima Solís Torres.

Comentarios