POEMA para reflexionar

Un poema de Xosé María Álvarez Blázquez, escritor ao que se lle

Non é certo que os nenos teñan fame
Non pode ser.
Ben o sabedes todos
os que andades no mundo atafegados
á percura do pan dos vosos fillos.
Ises outros que vedes pola rúa
pedindo esmola,
non teñen fame, non, porque daquela
vos teríades morto de vergonza. E ben vos vexo andar nos vosos
coches ou nos tranvías, a berrar de cousas
estranas: -¡viva, beba, baba, buba¡-sen reparar naquil esfarrapado
que coa moura mauciña está petando
na porta de ferro. Por iso penso que non é verdade
o que algún caviloso di dos nenos
que andan así petando pola vida.-¡Non, home, non!- lle dixen a un
de aqueles
-A xente pasa leda......¡Fora boa
que andivesen a rirse dos seus crimes! .




Xosé María Álvarez Blázquez(Tui 1915-1985)

Comentarios