Vense achegando o entroido nenas e nenos. 

Este ano un MECO moi particular agardará  o VENRES 5 de febreiro na entrada do colexio para dar comezo aos seus mandatos,  que este ano teremos que elaborar con materiais de reciclaxe.


Lembrade que a primeira manda hai que traela  o LUNS 8 de febreiro.

Aquí vos deixamos todas as súas mandas para que as vaiades elaborando con tempo:


                              1ª Manda

Son a meca Osamenta e traio as mandas con coraxe

o luns adornade a cabeza con materiais de reciclaxe.


                                   2ª Manda

Con algo que ía para o lixo creou unha linda flor,

con ese broche que fixo sentíuse moito mellor.


     3ª Manda

Para que a nosa Terra non estea tan desastrosa,

reivindica con roupa negra e máscara monstrusosa.


      4ª Manda

                          Con algo vas a tirar 

                       por que non fas un colar?


       5ª Manda

                Mañá celebramos o Carnaval,

                pon o teu disfraz e pásao xenial.








Comentarios