23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

DÍA DEL LIBRO 2018

Para celebrar o DÍA DO LIBRO, a nosa mascota Raiotteca propúxonos un xogo  que levaba por título: "Adiviña quen son…"
Despois de escoitar unhas pistas, tivemos que adiviñar de que conto se trata. Nesta ocasión eran contos clásicos, un para cada curso, dende infantil ata 6º de Primaria.
A continuación, fixemos pública a lista dos 10 libros máis lidos, que serán expostos no vestíbulo do cole (os Top 10).
Despois entregáronse os  premios aos mellores lectores.
E tamén un agasallo para os encargad@s de Biblioteca.
Para rematar cantamos tod@s xunt@s unha fermosa canción titulada "O Libro".
Nesta presentación temos o desglose destas actividades, e tamén, por suposto, unha pequena reportaxe fotográfica.


Comentarios