O venres celebramos o día da poesía.
Raioteca quixo dar os parabéns aos participantes no certame POESÍA E TECNOLOXÍA, e entregar un agasallo para cada un dos alumnos que participaron nesta actividade.
Iniciamos o recitado dos poemas, só un por cada curso, despois das vacacións continuaremos co resto das poesías presentadas.
Comezamos con Ed. Infantil, co poema que Raioteca lles enviou, titulado: “El desordenador” da poetisa Carmen Gil.
De 1º curso: Victoria Piñeiro, cun poema de creación propia, titulado “O robot eléctrico”.
De 2º curso: Daniela Sánchez, cun poema escrito por ela, que leva por título, “O robot con antenas”.
De 3º curso: Zeltia Díaz, cun poema que atopou navegando por internet, titulado “Teño un robot cociñeiro”.
De 4º curso: Francisco Bouza, cun poema escrito por él e titulado “Poema Robótico”.
De 5º curso: Bruno Blanco, cun poema de creación propia, que leva por título “O robot traballador”.
Para rematar, de 6º curso: Nerea Freire, cunha poesía escrita por ela e titulada “Xeración Tecnolóxica”.
Recordade que á volta das vacacións de Semana Santa continuaremos co recital de poesía do certame: POESÍA E TECNOLOXÍA.
Comentarios