5.2.08

COPLAS DE ENTROIDO

Xa ven o Entroido
disfracémonos todos
comeremos cacheira
comerémola enteira!!!

Viva o Entroido, viva o Entroido!!!
e a cachola do porquiño
que hoxe ímola comer
cocidiña cuns greliños!!!

Xa ven o Entroido
xa ven a nosa alegría
xa ven o tempo de Entroido
bailaremos noite e día!!!

Para non estar tristeiro,eiro,eiro
neste Entroido trapalleiro, eiro, eiro.
move o teu traseiro, eiro, eiro!!!

Adeus Martes de Entroido
adeus, meu amiguiño,
ata o Domingo de pascua,
Non comerei máis touciño”.


CEIP Fermín Bouza Brey

No hay comentarios: