ADEUS MAIO MAÍÑO!
Despedimos o mes de maio coa presentación dalgúns dos traballos realizados ao longo do
mes das letras e das flores.
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, queremos dar as grazas ás familias, ao profesorado e por suposto a vós rapazada, por participar na elaboración deste MAIO
Escoitade o recitado que se fixo dos poemas de Xela Arias dende a Radio Lorolareto
Comentarios
Parabéns a tod@s @s que fixechedes posible este fermoso traballo.
Que maio tan especial, adicado ás lembranzas dese entrañable salgueiro que tantas historias escoitaría ó longo da súa existencia, nese recuncho natural e tan especial que posúe o noso cole!
Parabéns a todos e a todas!
A verdade é que vos quedou xenial nenas e nenos. Non me extraña coas flores tan fermosas que trouxeches. Ademáis daba gusto vervos rir e desfrutar arredor do maio.